Hotelgest

openROOM: os teus datos de Hotelgest, nos paneis de Hotel BI

Hotelgest
openROOM
Que é openROOM

openROOM é unha axencia de estratexia e márketing hoteleiro. A súa ferramenta Hotel BI converte os datos do PMS en informes, paneis e gráficos.

Con openROOM conectado, Hotel BI le os datos do teu aloxamento directamente de Hotelgest. Non exportas ficheiros nin cargas nada a man.

Actívalo ti desde a Store, co teu código de hotel de openROOM, sen pedirllo a soporte.

Que podes facer con openROOM conectado

Ver a evolución do teu hotel nun panel. Produción, prezo medio e noites vendidas, comparados cos anos anteriores.

Esquecerte das exportacións. Os datos saen de Hotelgest cunha credencial que só serve para o teu aloxamento.

Cortar o acceso cando queiras. Se desactivas a integración, a credencial deixa de valer ao momento.

Como conectar esta integración

Necesitas a túa conta de Hotel BI en openROOM e o módulo Store de Hotelgest.

  1. Entra en Store → Estatística → openROOM e preme Habilitar. Pode facelo un administrador ou un rol co permiso Store.

  2. Escribe o teu Código de hotel en openROOM e deixa acesa Integración activa.

  3. Preme Gardar: a tarxeta pasa a Activo e, cando openROOM recibe a súa credencial, aparece Conectado coa data.

Obter soporte

Necesitas axuda?

Da conexión e da túa conta de Hotelgest encárgase o noso equipo de soporte; dos informes de Hotel BI, o equipo de openROOM.

FAQ

Preguntas frecuentes

Dúbidas habituais antes de conectar openROOM con Hotelgest.

Demo personalizada

Listo para aliviar a túa recepción?

Ensinámosche Hotelgest coa túa operativa real: reservas, pagamentos, accesos e informes nun mesmo fluxo.

Falar co equipo

Newsletter

Novidades do sector e do produto, sen ruído. O xusto, cando toca.